Por unha UVigo profesionalizada
na que o PTXAS tamén conte

Unha candidatura independente de PTXAS ao claustro

SOMOS - PTXAS INDEPENDENTES é a denominación baixo a que un grupo de persoal funcionario presentamos a nosa candidatura ao claustro. Reclamamos unha UVigo profesionalizada na que o PTXAS conte de verdade. Por iso queremos ter voz no Claustro. Porque queremos que tamén ti teñas voz nas decisións da UVigo.

Eleccións á reitoría 2026

Preguntámoslles polas políticas de PTXAS ás tres candidaturas.

As persoas que encabezarán as candidaturas ás eleccións a reitor ou reitora do vindeiro 6 de maio responden a 23 preguntas suxeridas por vós sobre algúns dos asuntos que máis nos interesan como colectivo.

JACOBO PORTEIRO

"Non se pode improvisar ano a ano como substituír as xubilacións. Deberíamos poder modelar a evolución do noso cadro de persoal e ver que áreas hai que reforzar ou reestruturar."

CARMEN G. MATEO

"Estamos decididos a rematar coa intrusión funcional e a devolver a autonomía de xestión aos servizos profesionais da Universidade de Vigo."

BELÉN RUBIO

"A nosa proposta é reforzar o apoio técnico e administrativo para que os cargos académicos poidan centrarse na planificación estratéxica e na captación de proxectos institucionais"

Eleccións ao claustro

O próximo 6 de maio de 2026 celebraranse as eleccións das que sairán as persoas representantes no claustro Universitario da Universidade de Vigo para os próximos anos.

O Claustro Universitario está integrado por 251 membros que se elixen nos diversos sectores da comunidade universitaria, mediante sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto.

Son membros natos a reitora ou reitor, a secretaria ou secretario xeral, a ou o xerente e as decanas ou decanos e directoras ou directores de facultades e de escolas.

128

representantes do profesorado doutor con vinculación permanente

22

representantes do restante persoal docente e investigador

63

representantes do estudantado

38

representantes do persoal de administración e servizos

SOMOS... Pero quen somos?

Pedímoslles fotos "actualizadas" a todas as persoas que se presentarán baixo as nosas siglas pero, polo que se ve, estamos demasiado implicados na remuda xeracional da UVigo. A continuación tedes unha pequena mostra das imaxes máis recentes que nos achegaron. Haberá máis nos vindeiros días. 

Facendo clic en cada foto podes atopar pistas sobre quen é cada quen. Se non o adiviñas, na seguinte ligazón poderás coñecer as súas identidades:

Por unha Universidade de Vigo na que o PTXAS conte de verdade

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.